Benvid@s a nosa tenda online

Podes facer aquí o teu pedido para colaborar co Entroido deste ano. Poderás pagalo cando o recollas (como facemos normalmente).

Por que este deseño para 2026?

Este que ves na foto é Rosendo coa súa burriña. Os dous viñeron coa comparsa de Pinténs durante moitos anos, facéndonos pasar momentos moi divertidos e entrañables. Así que aquí vai a nosa pequena homenaxe a este entusiasta do entroido que nos sigue apoiando hoxe en día e que, como el vos diría, “a min do carnaval ghústame todo”.

Aproveitamos tamén para facer un guiño a aquel Pinténs de finais dos anos 80 cando moitas mulleres traballaban na Ameixide, a xente ía á do Castellano ou ao Buraquiño a tomarlle unha, e os máis novos íamos de recados a comprar na de Benigna .

O sinal de prohibido aparcar pretende ser unha continuación das nosas reivindicacións cos problemas do tráfico no verán.

Encarga aquí as cousas bonitiñas que temos para mercar: